O presente arquivo dixital é un proxecto froito do traballo da nosa entidade durante os anos 2020 e 2021, mais recolle os froitos de recompilación durante décadas de centos de documentos que fornecen este arquivo único na nosa bisbarra. Unha ferramenta moderna formada por máis de 3.000 vellas fotografías, máis de 2.500 documentos, preto de 3 horas de grabacións audiovisuais e máis de 30 entrevistas radiofónicas que forman parte xa da nosa memoria para sempre.
Unha auténtica viaxe no tempo para ollar ao pasado século dende a óptica do presente, para coñecer como foi evolucionando a nosa sociedade: a tan dura emigración ás Américas, a guerra e a ditadura, a industrialización das Pontes, o progreso e as melloras sociais acadadas coa chegada da democracia a España… Son algúns dos fitos que o avezado investigador poderá entrever na pescuda desta páxina.
A Fundación MEMC, unha entidade privada pero cunha máis que manifesta vontande de servizo público, vén a cubrir un baleiro notable no que ao eido da arquivística se refire no noso concello, poñendo a disposición da cidadanía e da comunidade educativa e científica, boa parte do coñecemento xerado na nosa vila e no noso país durante os séculos XIX e XX.
Fotografías en branco e negro, vellos papeis engurrados polo paso do tempo, rolos fílmicos rescatados da quietude eterna e as verbas vivas do noso xa finado cronista e amigo Enrique Rivera Rouco, farán da súa visita a este arquivo virtual toda unha aventura pola nosa historia.
Compre salientar tamén o noso agradecemento ás entidades que fixeron posible este traballo: a Deputación da Coruña e o Concello das Pontes, sen cuxo apoio orzamentario este arquivo virtual non tería sido posible. Graciñas pola vosa confianza.

Billete de Cen Mil Marcos alemáns
Categorías: DOCUMENTOS, EMIGRACIÓN, VIDA COTIÁ|
Billete de Cen Mil Marcos alemáns. Ano 1923.
Equipo ENFERSA de tiro de corda
Categorías: DEPORTE, FESTAS, FOTOGRAFÍAS, INDUSTRIA|
Equipo ENFERSA de tiro de corda. Ano 1971.
Voda de Manola do Correo e Ignacio Varela no Bar Avenida (As Pontes)
Categorías: FOTOGRAFÍAS, RELIXIÓN E CRENZAS, VIDA COTIÁ, XENTE|
Voda de Manola do Correo e Ignacio Varela no Bar Avenida (As Pontes). De esquerda a dereita: Antonio do Avenida, Remedios, José L. Bernat, José M. Bernat, José Antonio Blanco, ...
Ponteses na carreira ciclista nas Festas do San Ramón de Vilalba
Categorías: DEPORTE, FESTAS, FOTOGRAFÍAS, XENTE|
Ponteses na carreira ciclista nas Festas do San Ramón de Vilalba. De esquerda a dereita: Pena de Ferrol, Vicente Rodríguez Cao, Diego Pajón, Sanroque, Descoñecido e Antonio Fernández Pajón. Ano ...
Entrega de medallas no Campo do Poboado
Categorías: DEPORTE, FOTOGRAFÍAS, XENTE|
De esquerda a dereita: Fornos, Descoñecido, Descoñecido, Rivas, Jesús Basoa, Artemio Formoso, Diego Pajón, Maltrana, Descoñecido, Alfonso da Redonda, Del Peral, Nené e Diego da Casilla. Ano 1971
Procesión no Freixo
Categorías: FESTAS, FOTOGRAFÍAS, RELIXIÓN E CRENZAS, XENTE|
Procesión no Freixo (As Pontes). De esquerda a dereita: Alberto Piñón, José Luis Uceira, Marcos Ramil e Carmiña Uceira. Ano 1963.
Cafetería do LAR
Categorías: FOTOGRAFÍAS, INDUSTRIA, VIDA COTIÁ, VILA, XENTE|
Cafetería do LAR. Década de 1960.
Recibo de entrega de “abonaré” por valor de 634,85 pesetas a nome de Rosendo Fernández López
Categorías: DOCUMENTOS, EMIGRACIÓN, MILICIA, S. XIX, XENTE|
Recibo de entrega de "abonaré" por valor de 634,85 pesetas a nome de Rosendo Fernández López, asinado por "El Jefe de Negociado" da "Dirección General de la Caja y Recluta ...
Competición de natación polas Festas do 18 de xullo
Categorías: DEPORTE, FESTAS, FOTOGRAFÍAS|
Competición de natación polas Festas do 18 de xullo na piscina do Lar. Ano 1967.
Malla en Momán
Categorías: AGRO, FOTOGRAFÍAS, MAQUINARÍA, VIDA COTIÁ, XENTE|
Malla no Campo en Momán (Xermade). Ano 1979.
Billete de Cincoenta Pesetas
Categorías: DOCUMENTOS, VIDA COTIÁ|
Billete de Cincoenta Pesetas. Ano 1928.
Procesión da Virxe do Viscordel en Igrexafeita (San Sadurniño)
Categorías: FESTAS, FOTOGRAFÍAS, RELIXIÓN E CRENZAS, XENTE|
Procesión da Virxe do Viscordel en Igrexafeita (San Sadurniño). Ano 1963.
Familia Ramos na Festa do San Xoán do Aparral
Categorías: FESTAS, FOTOGRAFÍAS, RELIXIÓN E CRENZAS, VIDA COTIÁ, XENTE|
Familia de Nicanor Ramos da Cabeza dos Fornos na Festa do San Xoán do Aparral (As Pontes). Ano 1952.
Billete de “Lotería Nacional” – Nº 37977
Categorías: DOCUMENTOS, VIDA COTIÁ|
Billete de "Lotería Nacional" - Nº 37977. Presenta selo da "Administración de Loterías nº 25 de Madrid". Ano 1956.
Programa do Cine Alovi sobre o filme “Vuelve a mi”
Categorías: DOCUMENTOS, VIDA COTIÁ|
Programa do Cine Alovi sobre o filme "Vuelve a mi". Ano 1949.
Os Murallóns na Avenida de Galicia (As Pontes)
Categorías: CASA, FOTOGRAFÍAS, VIDA COTIÁ, VILA|
Os Murallóns na actual Avenida de Galicia (As Pontes). Ano 1920.
Documento de compravenda de montes no lugar do Castelo (As Pontes) entre Alonso de Caaveiro e Jacob da Carballeira
Categorías: AGRO, DOCUMENTOS, S. XVII, VIDA COTIÁ, XENTE|
Documento de compravenda de montes no lugar do Castelo (As Pontes) entre Alonso de Caaveiro e Jacob da Carballeira. Ano 1658.
Construción do Padroado da ENCASO
Categorías: FOTOGRAFÍAS, INDUSTRIA, VELLA ESCOLA, VILA|
Construción do Padroado da ENCASO (actual Conservatorio Municipal). Ano 1954.
Alumnado da Escola de Marraxón coa mestra
Categorías: FOTOGRAFÍAS, VELLA ESCOLA, XENTE|
Alumnado da Escola de Marraxón coa mestra. De esquerda a dereita: Dionisia Cal, María Castro, Manola Ramos, Pilar Novás, Aurora de Andrés, Apolinaria Vilaboy, Antonio Corral, Marcial Corral, Alfonso Rouco, ...
Revista Can Can · Nº 82
Categorías: DOCUMENTOS, PRENSA, VIDA COTIÁ|
Revista de humor “Can Can” – Nº 82 Ano 1965.
Vehículos nunha nevarada nas Pontes
Categorías: FOTOGRAFÍAS, MAQUINARÍA, VIDA COTIÁ|
Vehículos nunha nevarada nas Pontes. Ano 1916.
Alumnado da escola da Vilavella coa mestra
Categorías: FOTOGRAFÍAS, VELLA ESCOLA, XENTE|
Alumnado da escola da Vilavella coa mestra. De esquerda a dereita: Raimundo Formoso Antón, ¿?, Pura de Andrés, Maruja de Germán, Dona Ricarda (mestra), Vicenta Carballeira, ¿?, Serafín Formoso Antón, ...
Familia Cabaleiro nas Festas de Marraxón
Categorías: CASA, FESTAS, FOTOGRAFÍAS, RELIXIÓN E CRENZAS, VIDA COTIÁ, XENTE|
Familia Cabaleiro nas Festas de Marraxón (As Pontes). Ano 1924.
Avenida de Galicia (As Pontes)
Categorías: CASA, FOTOGRAFÍAS, VIDA COTIÁ, VILA, XENTE|
Actual Avenida de Galicia (As Pontes). Ano 1912.
Xastrería de Isauro nas Pontes
Categorías: FOTOGRAFÍAS, OFICIOS, ROUPA, XENTE|
Xastrería de Isauro nas Pontes. De esquerda a dereita: Fina Loureiro, Félix Ramos e Pura da Cuíña.