O presente arquivo dixital é un proxecto froito do traballo da nosa entidade durante os anos 2020 e 2021, mais recolle os froitos de recompilación durante décadas de centos de documentos que fornecen este arquivo único na nosa bisbarra. Unha ferramenta moderna formada por máis de 3.000 vellas fotografías, máis de 2.500 documentos, preto de 3 horas de grabacións audiovisuais e máis de 30 entrevistas radiofónicas que forman parte xa da nosa memoria para sempre.
Unha auténtica viaxe no tempo para ollar ao pasado século dende a óptica do presente, para coñecer como foi evolucionando a nosa sociedade: a tan dura emigración ás Américas, a guerra e a ditadura, a industrialización das Pontes, o progreso e as melloras sociais acadadas coa chegada da democracia a España… Son algúns dos fitos que o avezado investigador poderá entrever na pescuda desta páxina.
A Fundación MEMC, unha entidade privada pero cunha máis que manifesta vontande de servizo público, vén a cubrir un baleiro notable no que ao eido da arquivística se refire no noso concello, poñendo a disposición da cidadanía e da comunidade educativa e científica, boa parte do coñecemento xerado na nosa vila e no noso país durante os séculos XIX e XX.
Fotografías en branco e negro, vellos papeis engurrados polo paso do tempo, rolos fílmicos rescatados da quietude eterna e as verbas vivas do noso xa finado cronista e amigo Enrique Rivera Rouco, farán da súa visita a este arquivo virtual toda unha aventura pola nosa historia.
Compre salientar tamén o noso agradecemento ás entidades que fixeron posible este traballo: a Deputación da Coruña e o Concello das Pontes, sen cuxo apoio orzamentario este arquivo virtual non tería sido posible. Graciñas pola vosa confianza.

Procesión do Carme nas Pontes
Categorías: FESTAS, FOTOGRAFÍAS, RELIXIÓN E CRENZAS, VILA, XENTE|
Procesión do Carme nas Pontes. Na imaxe: co cirial José Fernández Pajón, ao lado Antonio Fernández Pajón, coa cruz O Reto, co outro cirial Fernando do Correo, portador do estandarte ...
Procesión do San Martiño de Gondré
Categorías: FESTAS, FOTOGRAFÍAS, RELIXIÓN E CRENZAS, XENTE|
Procesión do San Martiño de Gondré (As Pontes). De esquerda a dereita: Fina Cabaleiro, Luciana e Carmen. Ano 1958.
Revista Can Can · Nº 82
Categorías: DOCUMENTOS, PRENSA, VIDA COTIÁ|
Revista de humor “Can Can” – Nº 82 Ano 1965.
Unidade de Bombeiros da ENCASO
Categorías: FOTOGRAFÍAS, INDUSTRIA, MAQUINARÍA, XENTE|
Unidade de Bombeiros da ENCASO. De esquerda a dereita: Abiejón, Pico, Barro, Cholo, Leonardo, Ramil, Seoane, Carballeira, Queipo e Gil. Ano 1965.
Igrexa de Santa María das Pontes
Categorías: FOTOGRAFÍAS, RELIXIÓN E CRENZAS, VILA|
Igrexa de Santa María das Pontes. Ano 1950.
Xornal Faro de Vigo – Nº 1
Categorías: DOCUMENTOS, PRENSA, S. XIX, VIDA COTIÁ|
Xornal Faro de Vigo - Nº 1. Ano 1853.
Igrexa da Vilavella (As Pontes)
Categorías: FOTOGRAFÍAS, RELIXIÓN E CRENZAS|
Igrexa da Vilavella (As Pontes). Ano 1950.
Afiando a gadaña
Categorías: AGRO, FOTOGRAFÍAS, VIDA COTIÁ, XENTE|
Juan Seoane Agras afiando a gadaña. Ano 1965.
Partida de caza do lobo nas Pontes
Categorías: FOTOGRAFÍAS, OFICIOS, XENTE|
Partida de caza do lobo no lugar de Gondré (As Pontes). Ano 1955.
Cédula de citación para “Rectificación del Alistamiento” a nome de Benito Fernández Díaz
Categorías: DOCUMENTOS, MILICIA, XENTE|
Cédula de citación para "Rectificación del Alistamiento" a nome de Benito Fernández Díaz, veciño do lugar de Vilarboi (Monfero). Ano 1920.
Ponte de Illade
Categorías: FOTOGRAFÍAS, INDUSTRIA, VIDA COTIÁ|
Ponte de Illade na parroquia da Vilavella (As Pontes). Década de 1970.
Revista da “II Exposición de Filatelia para la Juventud” celebrada nas Pontes no 1981 e organizada pola “Federación Gallega de Sociedades Filatélicas”
Categorías: DOCUMENTOS, PRENSA, VIDA COTIÁ, VILA, XENTE|
Revista da "II Exposición de Filatelia para la Juventud" con motivo da súa organización nas Pontes no ano 1981 pola "Federación Gallega de Sociedades Filatélicas". Ano 1981.
Citación para a práctica de dilixencias contra dous veciños de San Fiz de Monfero
Categorías: DOCUMENTOS, VIDA COTIÁ, XENTE|
Citación para a práctica de dilixencias contra dous veciños de San Fiz de Monfero. Ano 1819.
Inauguración do Grupo Escolar Santa María
Categorías: FOTOGRAFÍAS, VELLA ESCOLA, VILA|
Inauguración do Grupo Escolar Santa María das Pontes. Ano 1931.
Visita dos alumnos de 4º de Enxeñaría Naval á central vella da ENCASO
Categorías: FOTOGRAFÍAS, INDUSTRIA, VELLA ESCOLA, VIDA COTIÁ|
Visita dos alumnos de 4º de Enxeñaría Naval ao parque de carbóns da central vella da ENCASO. Ano 1952.
Alumnado da Escola de Aprendices da ENCASO
Categorías: FOTOGRAFÍAS, INDUSTRIA, VELLA ESCOLA, XENTE|
Alumnado da Escola de Aprendices da ENCASO. De esquerda a dereita: Ubaldo Bellas, Andrés Leal, Evelio Guerreiro, José López Castro, José Miragaya, Antonio Gonzalo Justo López, Miguel López, Antonio Castro ...
Equipo de atletismo da ENCASO en Vigo
Categorías: DEPORTE, FOTOGRAFÍAS, XENTE|
Equipo de atletismo da ENCASO na Praza de Compostela en Vigo. De esquerda a dereita: Cendán, Severina, Seco, Vidal, Elia, Pepe Durán, Descoñecido, Descoñecido, Descoñecido e Descoñecido. Ano 1963. ...
Alumnado da Escola de Aprendices da ENCASO
Categorías: FOTOGRAFÍAS, INDUSTRIA, VELLA ESCOLA, XENTE|
Alumnado da Escola de Aprendices da ENCASO. Na imaxe: Félix Guerreiro, José Castro, Lolo de Lucinda e Urbano. Ano 1958.
Entrega de medallas no Campo do Poboado
Categorías: DEPORTE, FOTOGRAFÍAS, XENTE|
De esquerda a dereita: Fornos, Descoñecido, Descoñecido, Rivas, Jesús Basoa, Artemio Formoso, Diego Pajón, Maltrana, Descoñecido, Alfonso da Redonda, Del Peral, Nené e Diego da Casilla. Ano 1971
Billete de “Lotería Nacional” – Nº 29942
Categorías: DOCUMENTOS, VIDA COTIÁ|
Billete de "Lotería Nacional" - Nº 29942. Presenta selo da "Administración de Loterías nº 67 de Madrid - Doña Manolita" Ano 1966.
Outorgamento de dereitos para o transporte de madeira
Categorías: AGRO, DOCUMENTOS, OFICIOS, S. XVIII, VIDA COTIÁ, XENTE|
Outorgamento de dereitos para o transporte de madeira en Monfero. Ano 1773.
Desfile do equipo de atletismo da ENCASO en Madrid
Categorías: DEPORTE, FOTOGRAFÍAS, XENTE|
Desfile do equipo de atletismo da ENCASO en Madrid, no estadio de Vallehermoso (Chamberí - Madrid). Aparecen na imaxe: Rafa, Yebra, Pepe Cendán, José Manuel, Pepe Durán, Lolo de Severiano ...
Procesión con motivo da visita episcopal a As Pontes
Categorías: FOTOGRAFÍAS, RELIXIÓN E CRENZAS, XENTE|
Procesión dos Santos de diferentes parroquias con motivo da visita episcopal á Santa do Carballo (As Pontes). Levadores: Jesús Prieto Romero, Toñito do Santo e Antón Prieto Rivera. Ano 1956. ...