O presente arquivo dixital é un proxecto froito do traballo da nosa entidade durante os anos 2020 e 2021, mais recolle os froitos de recompilación durante décadas de centos de documentos que fornecen este arquivo único na nosa bisbarra. Unha ferramenta moderna formada por máis de 3.000 vellas fotografías, máis de 2.500 documentos, preto de 3 horas de grabacións audiovisuais e máis de 30 entrevistas radiofónicas que forman parte xa da nosa memoria para sempre.
Unha auténtica viaxe no tempo para ollar ao pasado século dende a óptica do presente, para coñecer como foi evolucionando a nosa sociedade: a tan dura emigración ás Américas, a guerra e a ditadura, a industrialización das Pontes, o progreso e as melloras sociais acadadas coa chegada da democracia a España… Son algúns dos fitos que o avezado investigador poderá entrever na pescuda desta páxina.
A Fundación MEMC, unha entidade privada pero cunha máis que manifesta vontande de servizo público, vén a cubrir un baleiro notable no que ao eido da arquivística se refire no noso concello, poñendo a disposición da cidadanía e da comunidade educativa e científica, boa parte do coñecemento xerado na nosa vila e no noso país durante os séculos XIX e XX.
Fotografías en branco e negro, vellos papeis engurrados polo paso do tempo, rolos fílmicos rescatados da quietude eterna e as verbas vivas do noso xa finado cronista e amigo Enrique Rivera Rouco, farán da súa visita a este arquivo virtual toda unha aventura pola nosa historia.
Compre salientar tamén o noso agradecemento ás entidades que fixeron posible este traballo: a Deputación da Coruña e o Concello das Pontes, sen cuxo apoio orzamentario este arquivo virtual non tería sido posible. Graciñas pola vosa confianza.

Familia Blanco na festa do San Andrés da Vilavella
Categorías: FESTAS, FOTOGRAFÍAS, RELIXIÓN E CRENZAS, VIDA COTIÁ, XENTE|
Familia Blanco na festa do San Andrés da Vilavella (As Pontes). Década de 1950.
Balance de contas de gasto e esmolas, alzado polo Mordomo de Santa Xiá de Monfero Juan Pérez
Categorías: DOCUMENTOS, RELIXIÓN E CRENZAS, S. XIX|
Balance de contas de gasto e esmolas, alzado polo Mordomo de Santa Xiá de Monfero Juan Pérez. Ano 1832.
O atleta da ENCASO, Pepe Durán
Categorías: DEPORTE, FOTOGRAFÍAS, XENTE|
O atleta da ENCASO, Pepe Durán no lugar dos Murallóns (actual Avenida de Galicia). Ano 1964.
Poxa no San Ramón do Paraño
Categorías: AGRO, FESTAS, FOTOGRAFÍAS, VIDA COTIÁ, XENTE|
Amador López Ledo (Amador do Paraño) conducindo a poxa no palco da festa polo San Ramón do Paraño (As Pontes). Ano 1972.
Depuradora do Poboado das Veigas
Categorías: FOTOGRAFÍAS, INDUSTRIA, VILA|
Depuradora do Poboado das Veigas. Ano 1963.
Equipo de fútbol da ENCASO
Categorías: DEPORTE, FOTOGRAFÍAS, XENTE|
De esquerda a dereita: Ángel, Penaro, Manolo Anillo, Chucho de Xuvia, Pedro Anillo, Alfonso da Redonda, Manuel Pena Dorado, Romero de Espiñaredo, Víctor de Garnacho, Maltrana, Diego da Casilla e ...
Grupo de Música Tradicional “Os Ponteses”
Categorías: FESTAS, FOTOGRAFÍAS, OFICIOS, VIDA COTIÁ, VILA, XENTE|
Grupo de Música Tradicional "Os Ponteses". Na imaxe: Teodoro Grandal, Pepe da Silva, Pepe, Manuel Rodríguez (Fragachá) e Manuel Castro (Freixiño). Ano 1965.
No tractor
Categorías: AGRO, FOTOGRAFÍAS, MAQUINARÍA, VIDA COTIÁ, XENTE|
Serafín Formoso Antón no tractor na Vilavella (As Pontes).
Regata de bateis no Encoro da Ribeira
Categorías: DEPORTE, FOTOGRAFÍAS, XENTE|
Equipo da ENCASO nunha regata de bateis no Encoro da Ribeira. De esquerda a dereita: Juan Ardao Basoa, Cornelio Leal, José Pérez, Tino de Marquiños e José Alberto Bello. Ano ...
Familia Rivera na aira da súa casa na Mourela
Categorías: AGRO, CASA, FOTOGRAFÍAS, VIDA COTIÁ, VILA, XENTE|
Familia Rivera na aira da súa casa na Mourela (As Pontes). Na imaxe: José María, Manolo, Dionisio, Segundo, Víctor, Tío Segundo, Gumersindo, Manuel Formoso, Tito, Suso, Rosendo, Servando, Tía Juana, ...
Vista Leste do Poboado das Veigas
Categorías: CASA, FOTOGRAFÍAS, INDUSTRIA, VILA|
Vista Leste do Poboado das Veigas. Ano 1954.
Entrega de medallas no Campo do Poboado
Categorías: DEPORTE, FOTOGRAFÍAS, XENTE|
De esquerda a dereita: Fornos, Descoñecido, Descoñecido, Rivas, Jesús Basoa, Artemio Formoso, Diego Pajón, Maltrana, Descoñecido, Alfonso da Redonda, Del Peral, Nené e Diego da Casilla. Ano 1971
Traballadores na construción da estrada do Portorroibo
Categorías: FOTOGRAFÍAS, INDUSTRIA, MAQUINARÍA, XENTE|
Traballadores na construción da estrada do Portorroibo. Ano 1948.
Voladura da central vella da ENCASO
Categorías: FOTOGRAFÍAS, INDUSTRIA|
Voladura da central vella da ENCASO. Ano 1990.
Ponte de Illade
Categorías: FOTOGRAFÍAS, INDUSTRIA, VIDA COTIÁ|
Ponte de Illade na parroquia da Vilavella (As Pontes). Década de 1970.
Avenida de Galicia (As Pontes)
Categorías: FOTOGRAFÍAS, VIDA COTIÁ, VILA, XENTE|
Actual Avenida de Galicia (As Pontes). Ano 1948.
Competición de cars no Poboado das Veigas
Categorías: DEPORTE, FOTOGRAFÍAS|
Competición de cars no Poboado das Veigas. Década de 1970.
Malla en San Sadurniño
Categorías: AGRO, FOTOGRAFÍAS, VIDA COTIÁ, XENTE|
Malla en Igrexafeita (San Sadurniño) na casa de Purificación Soto. Ano 1955.
Construción da piscina do Lar
Categorías: DEPORTE, FOTOGRAFÍAS|
Construción da piscina do Lar. Ano 1963.
Papel timbrado de “Pagos al Estado” – 9ª clase 50 ptas.
Categorías: DOCUMENTOS, VIDA COTIÁ|
Papel timbrado de "Pagos al Estado" - 9ª clase 50 ptas.
Familia Muíño na Festa da Fraga
Categorías: FESTAS, FOTOGRAFÍAS, VIDA COTIÁ, XENTE|
Familia Muíño na Festa da Fraga (As Pontes). Na imaxe: Andrés Muíño Loureiro. Ano 1964.
Inauguración do Grupo Escolar Santa María
Categorías: FOTOGRAFÍAS, VELLA ESCOLA, VILA|
Inauguración do Grupo Escolar Santa María das Pontes. Ano 1931.
Equipo de fútbol da ENCASO nun partido en Santiago de Compostela
Categorías: DEPORTE, FOTOGRAFÍAS, XENTE|
Equipo de fútbol da ENCASO nun partido en Santiago de Compostela. De esquerda a dereita: Evaristo (masaxista), Man (porteiro), Nené, Julián, Ano, Manolo de Cayetano, Vito, Bra (porteiro suplente), Manolito ...
No Cruceiro das Campeiras (As Pontes)
Categorías: FOTOGRAFÍAS, RELIXIÓN E CRENZAS, VILA|
No Cruceiro das Campeiras (As Pontes). Na imaxe: Sara Bellas, Nicolás Blanco, Sara Castro, Jesús Cabaleiro, Carmen Sánchez, Maruja Blanco, Antonio Corral, Manola López, Hortensia Freire e Pilar Cabaleiro. Ano ...